Proxectos

Que facemos? Deseño e producción de actividades e proxectos culturais, organización de eventos culturais, concertos, exposicións, concertos didácticos, xornadas temáticas, representación de artistas, xornadas, organización de xiras, e mostras de artesanía…. e calquera outra actividade relacionada coa dinamización cultural.

ALGÚNS DOS PROXECTOS REALIZADOS

Música nos Tilos (2010 e 2014)
Ciclo de concertos de pequeno e mediano formato realizados nos Tilos (Concello de Teo). Levamos algunhas das mellores propostas musicais do momento á parroquia dos Tilos durante varias noites dos seus veráns. A primeira edición realizouse no 2010. Este ano 2014 realizamos de novo outro ciclo de concertos contando con propostas tan variadas pero tan interesantes como son Sumrrá, Trim, Miguel Flores Trío e Jamila Purofilin.

Xiras internacionais
O noso afán por colaborar cos artistas galegos a exportar a súa música fóra das nosas fronteiras non ten fin. Temos realizado xiras de bandas de jazz galegas por Sudáfrica, Bulgaria, Bolivia, México….e por suposto tamén por España. Como exemplo, a xira que organizamos para o sexteto de Marcelino Galán por Centro América, onde presentamos o seu último traballo “The Gift”. Nesta xira visitamos México, Guatemala, Costa Rica, El Salvador, Nicaragua e Honduras.

Coordinación de programacións culturais
Temos unha paixón especial por crear programacións culturais integrais, que engloben diferentes expresións artisticas, pero procurando sempre que sexan coherentes ao 100% coas características do espazo onde programar e por suposto, dos intereses do noso cliente. Por eso un dos nosos proxectos estrela é a coordinación e programación das actividades culturais do Pazo do Faramello. Preséntasenos ante nos un marco único e incomparable no cal xa temos realizados dende concertos ata exposicións, pasando tamén por xornadas gastronómicas. Un proxecto con moito futuro.

Lanzamentos e presentacións musicais
Quen nos coñeza saberá a noxa paixón pola música. É por iso que desfrutamos traballando con músicos, axudándoos na produción e difusión de proxectos puntuais, presentacións de discos… Entre as realizadas, mención especial merecen a presentación en exclusiva do novo espectáculo do trío de jazz galego Sumrrá, que no pasado verán de 2014 presentou no Imaxinasons por primeira vez nos seus máis de 12 anos de vida un concerto con músicos convidados, ou tamén o proxecto de Germán Díaz & David J. Herrington que xira en torno á lira organizzata.  
 

Comments are closed